O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración do Congreso de Turismo Experiencial, “Turismo e Cultura como eixes do emprendemento”, que terá lugar estes dÃas en Lugo
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, incidiu hoxe na aposta por seguir potenciando a marca Galicia como destino seguro xa que o sector turÃstico é sumamente importante para poder afrontar a recuperación económica da nosa comunidade.
Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración do Congreso de Turismo Experiencial, “Turismo e Cultura como eixes do emprendemento”, que terá lugar estes dÃas na cidade de Lugo, e onde fixo especial fincapé en que entre todos temos que conseguir que Galicia siga sendo un destino turÃstico de referencia, tanto a nivel nacional como internacional, ofrecendo un turismo de calidade e un turismo seguro.
A Xunta xa puxo en marcha o Plan de reactivación, tanto do sector turÃstico como do cultural con 47 medidas centradas no emprego, a liquidez e o consumo, sendo a primeira comunidade en aprobar un plan centrado nestes ámbitos, dando asà unha resposta áxil ás necesidades de dous sectores fundamentais. Destinando 58M euros para potenciar medidas como “Galicia destino Seguro”, “Bono TurÃstico” e o “Fondo Xacobeo”, entre outras.
Polo que nestes momentos, segundo explicou o titular da Vicepresidencia primeira, ten especial importancia o Xacobeo 2021, porque “temos que seguir consolidando as cifras de visitantes á nosa comunidade e para iso este Xacobeo será clave na nosa recuperación económica xa que traerá miles de persoas a Galicia”. Alfonso Rueda tamén indicou que “debido ás circunstancias especiais condicionadas pola pandemia é fundamental replanificar o Xacobeo, adaptalo e de aà a importancia de que se poda ampliar no tempo, xa que é unha gran oportunidade para Galicia”