Inicio Galicia A Xunta aposta por seguir impulsando a igualdade entre homes e...

A Xunta aposta por seguir impulsando a igualdade entre homes e mulleres no ámbito literario e cultural

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na terceira edición da gala ‘Literatas’, organizada pola Fundación Eduardo Pondal

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe a necesidade de seguir impulsando a igualdade real entre homes e mulleres no ámbito literario e cultural, moi especialmente no medio rural, onde é preciso seguir avanzando.

Así o destacou hoxe durante a súa participación na terceira edición da gala Literatas, organizada pola Fundación Eduardo Pondal, unha institución que mantén un compromiso activo coa proxección, valoración e apoio á muller rural.

Nesta ocasión, recibiron o premio Literatas a escritora e ilustradora Natalia Lema Otero, nada en Vimianzo; e a regueifeira Lupe Blanco, natural de Coristanco.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre