Inicio Galicia A Xunta aposta por seguir fomentando a educación viaria e o intercambio...

A Xunta aposta por seguir fomentando a educación viaria e o intercambio de boas prácticas a nivel local

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participou hoxe no II Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria Cidade de Narón

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, destacou hoxe a importancia da formación e sensibilización en materia de educación viaria e apostou por crear un grupo de traballo, no seo da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), que permita aos concellos intercambiar experiencias e boas prácticas para seguir avanzando neste eido.

Así o sinalou hoxe durante a súa participación no II Congreso galego de seguridade e educación viaria Cidade de Narón.

Lembrou que a AGASP tamén inclúe na súa formación esta materia. É máis, desde o ano pasado, cando se instauraron os itinerarios formativos, o primeiro que se puxo en marcha foi o relacionado co tráfico e a seguridade viaria. Dentro do mesmo, inclúense cursos de monitor de educación viaria, ou de proxectos e programas de concienciación social en tráfico e seguridade.

Ademais, recordou que esta materia é tamén capital na formación dos policías locais. Por iso, nos cursos selectivos para ocupar estes postos, a materia de tráfico ocupa o primeiro lugar en canto a horas lectivas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre