Inicio Galicia A Xunta aposta por reforzar o compromiso co proceso de integración europeo

A Xunta aposta por reforzar o compromiso co proceso de integración europeo

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no debate-xantar organizado polo Movemento Europeo


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no debate-xantar organizado polo Movemento Europeo, onde defendeu a necesidade de seguir reforzando o compromiso co proceso de integración europeo, especialmente ante o novo escenario de incerteza provocado por situacións como o Brexit. No acto estivo acompañado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.

A Unión Europea está sustentada sobre as bases do benestar, a seguridade, a paz e a xustiza, e a súa unión permitiu construír o período de paz máis prolongado da historia de Europa. De aí a importancia de redobrar o compromiso cunha Unión Europea solidaria, democrática e avanzada.

Na súa intervención, o vicepresidente da Xunta salientou o compromiso da Xunta co proceso de construción europeo, así como as achegas que a Unión Europea realizou a Galicia nos últimos tempos, a través de fondos europeos e tamén a través da consolidación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, exemplo de cooperación transfronteiriza dentro da propia UE.

O Consello Federal Español do Movemento Europeo é unha das 39 seccións que conforman o Movemento Europeo Internacional, constituído en febreiro de 1949. Está integrado polos Consellos das Comunidades Autónomas, partidos políticos, organizacións socioeconómicas e municipais, centrais sindicais, entidades socioprofesionais e asociacións procedentes do xornalismo ou a universidade, xunto a numerosas entidades cidadás con vocación europeísta, representantes da sociedade civil. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre