Inicio Galicia A Xunta aposta por reforzar a protección xurídica das persoas con discapacidade

A Xunta aposta por reforzar a protección xurídica das persoas con discapacidade

0


O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou hoxe na inauguración da xornada “O acceso á xustiza das persoas con discapacidade intelectual”, organizada en Santiago de Compostela por Fademga, onde resaltou a importancia de que os poderes públicos reforcen a protección xurídica deste colectivo.

Martín explicou que é fundamental que se outorgue unha protección reforzada ás persoas que poden ter un maior grao de dificultade para facer efectiva a realización plena de dereitos fundamentais como o acceso á xustiza en igualdade de condicións. Durante a súa intervención, tamén apelou á necesidade de usar termos sinxelos nas comunicacións xudiciais para facilitar a comprensión das mesmas por parte de toda a cidadanía. 

Leer más:  'Nelson' deja de madrugada vientos de más de 100 km/h en el sur de la provincia de Pontevedra y en zonas altas de Lugo

- Te recomendamos -