Inicio Galicia A Xunta aposta por promover o empoderamento económico das mulleres vítimas de...

A Xunta aposta por promover o empoderamento económico das mulleres vítimas de violencia de xénero

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, participaron hoxe en Vigo na xornada “O empoderamento como saída”

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, apostou hoxe por seguir promovendo o empoderamento económico das mulleres vítimas de violencia de xénero, en tanto é un dos piares fundamentais para axudarlles a rachar coa situación de maltrato.

Así o sinalou hoxe durante a a súa participación na xornada “O empoderamento como saída”, organizada pola Federación de Mulleres da Provincia de Pontevedra, e na que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro.

López Abella fixo un percorrido por algúns dos recursos que ten en marcha a Xunta para loitar contra esta lacra. Destacou, entre outras iniciativas, a posta en marcha en 2016 dun programa pioneiro de inserción laboral destinado ás vítimas de violencia de xénero, que supuxo a contratación de 227 mulleres ata o día de hoxe. Ademais, este ano, e por primeira vez, habilitáronse dous programas de fomento da contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero nas entidades locais galegas e en entidades e empresas do rural, a través dos que se contrataron a un cento de mulleres.

A maiores das iniciativas de inserción laboral, Galicia é actualmente a única comunidade autónoma que ten axudas económicas periódicas para as mulleres vítimas, que só no que vai de ano chegaron a máis de 460 mulleres.

Ademais destes recursos concretos, López Abella tamén destacou outros servizos como a rede de centros de acollida ou os programas de atención psicolóxica.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre