Inicio Galicia A Xunta aposta por poñer en valor os referentes femininos no ámbito...

A Xunta aposta por poñer en valor os referentes femininos no ámbito da ciencia e a tecnoloxía

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na charla impartida pola científica Alicia Estévez Torranzo en Edugal


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, apostou hoxe por poñer en valor os referentes femininos no ámbito da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas, co obxectivo de impulsar o talento e capacidade innovadora das xeracións máis novas.

López Abella participou hoxe na charla da científica Alicia Estévez Torranzo “Impulsando as vocacións STEM: Experiencia e traxectoria dunha científica Premio Wonenburguer”, que impartiu no marco do Salón de Oferta de Formación e Educación en Galicia, Edugal.

Estévez Torranzo recibiu en 2018 o premio María Josefa Wonenburger Planells, unha iniciativa instaurada pola Xunta para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres no eido das ciencias e da tecnoloxía e para situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero nestes sectores.

Ademais, en Edugal tamén se atopa instalada unha exposición sobre as científicas recoñecidas ata agora co Premio María Josefa Wonenburger Planells, así como un posto da Secretaría Xeral da Igualdade, ao que tamén se achegou López Abella.

Estas actividades inscríbense na aposta da Xunta por recoñecer e visibilizar ás mulleres científicas que se adiantaron ao seu tempo, facer chegar á sociedade as súas contribucións, e promover a eliminación dos desequilibrios nos ámbitos científico e tecnolóxico.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre