Inicio Galicia A Xunta aposta por impulsar o turismo deportivo como aliciente para achegarse...

A Xunta aposta por impulsar o turismo deportivo como aliciente para achegarse á provincia de Ourense durante todo o ano

0

Nava Castro e Marta Míguez salientaron o traballo do Goberno autonómico a través de novas experiencias ou da recuperación de infraestruturas fluviais e náuticas


O deporte brinda numerosas oportunidades á Comunidade galega para consolidarse como un destino ao que viaxar en calquera época do ano, por iso a Xunta de Galicia está a apostar por potenciar o turismo deportivo a través de novas experiencias turísticas, así como da recuperación de infraestruturas que favorezan a práctica deportiva e impulsen o desenvolvemento turístico.

Así se puxo de manifesto hoxe na localidade ourensá de Cenlle no transcurso da Xornada de Turismo Deportivo Ourense 2018 que contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e da secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez. Ambas salientaron o pulo que se está a dar a este tipo de turismo tamén na provincia de Ourense, como importante impulso para reforzar o seu atractivo durante todo o ano.

Unha provincia, ademais, que continúa a manterse como a de mellor evolución no conxunto de Galicia. Só en outubro, aumentou un 14% o número de viaxeiros e un 3% o das noites.“O deporte encaixa á perfección co modelo turístico que defendemos e practicamos na Xunta de Galicia”, explicou Nava Castro, quen se referiu a iniciativas como o impulso dos centros BTT para facilitar a práctica deportiva do ciclismo de montaña ou o fomento do coñecemento dos recursos paisaxísticos nos parques naturais da provincia, a través das actividades de turismo activo. Grazas a elas é posible coñecer o Parque Natural Serra da Enciña da Lastra a bordo de un kaiak ou entrar nalgunha das súas covas para facer espeleoloxía. Tamén descubrir o Parque do Invernadoiro ou o Xurés a través de orixinais rutas ciclointerpretativas, combinándoo con estadías no rural galego.

Leer más:  Primeras matrículas universitarias gratis en Galicia, primera promesa electoral de Rueda en campaña

Eventos de éxitoPola súa banda, a secretaria xeral para o Deporte sinalou que “falar de turismo en Galicia é falar de deporte”, e destacou dous dos eventos que tiveron lugar na cidade de Ourense nas últimas datas como o Salón do Deporte e o Turismo Activo Sportur Galicia e a Carreira Popular Pedestre San Martiño. Marta Míguez subliñou a importancia do sector termal que en Galicia conta con “300 captacións de augas termais, máis de 20 balnearios e 5 talasos, que dispoñen de más de 3.000 prazas hoteleiras”. “Todos os recursos deportivos de Galicia atraen turistas e todos os recursos turísticos de Galicia atraen deportistas”, sentenciou.

A Consellería de Cultura e Turismo tamén está promover, ademais, as actividades turísticas ao redor dos ríos, especialmente do Sil, Ulla, Tambre e o Miño con proxectos como o que se está a impulsar en Cenlle para a recuperación ambiental e a senda peonil do embalse de Castrelo de Miño ou a colaboración que se ten feito para a promoción internacional do Centro de Adestramento de Remo Laias-Arnoia, entre outras accións.

Leer más:  Rueda reprende a la conselleira de Medio Rural por sus comentarios incendiarios: "Fueron desafortunados y se lo comenté"

Durante a xornada púxose de manifesto o papel estratéxico que o turismo deportivo ten en Galicia no seu conxunto polo seu importante potencial para descentralizar a actividade turística e por permitir achegar os beneficios do turismo tanto á costa como ao interior, dando así resposta aos compromisos da Estratexia do Turismo de Galicia 2020.


- Te recomendamos -