Inicio Galicia A Xunta aposta por garantir a atención ás vítimas de explotación sexual...

A Xunta aposta por garantir a atención ás vítimas de explotación sexual e de trata

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia con representantes da Rede Galega contra a Trata


A Xunta aposta por priorizar a loita contra a trata con medidas que garantan a atención integral e a protección e asistencia das vítimas de explotación sexual e de trata.

Así llo trasladou hoxe a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, a representantes da Rede Galega contra a Trata nunha reunión por videoconferencia. No encontro participaron Ana Barba, educadora social de Aliad Ultreia; Carlos Villar, asesor xurídico de Ecos do Sur; Ana García, presidenta de Faraxa; e Gemma Blanco, técnica de Médicos do Mundo.

López Abella incidiu na necesidade garantir os dereitos das vítimas con medidas que lles permitan romper o ciclo de explotación e saír desta contorna de vulnerabilidade. Para acadar ese obxectivo, destacou a importancia de contar con recursos residenciais e asistenciais destinados á atención das súas necesidades, en especial na actual situación excepcional derivada da declaración do estado de alarma debido á crise sanitaria da covid-19.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre