Inicio Galicia A Xunta aposta por fomentar o liderado feminino no cooperativismo agrario

A Xunta aposta por fomentar o liderado feminino no cooperativismo agrario

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou que unha maior participación das mulleres no cooperativismo é clave para ampliar a base produtiva, xerar diversidade e optimizar o talento


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, apostou hoxe por seguir fomentando o liderado feminino no cooperativismo agrario. Neste sentido, considerou que incrementar a participación das mulleres é clave para ampliar a base produtiva, xerar diversidade e optimizar o talento.

Así o sinalou hoxe durante a súa participación nunha mesa de debate sobre a representatividade das mulleres no mundo rural, organizada dentro das Xornadas sobre Desenvolvemento Rural e Turismo que están tendo lugar estes días en Santiago de Compostela.

Na súa intervención, López Abella defendeu que apostar polas mulleres no medio rural é apostar polo futuro e recoñeceu que aínda queda camiño por recorrer para incrementar a presenza feminina nos órganos de decisión das cooperativas.

Lembrou que a Xunta leva anos apostando por fomentar o liderado e emprendemento feminino en todos os ámbitos, especialmente no rural. Destacou como exemplo o proxecto Sementes para a igualdade, actualmente en marcha, e que ten como obxectivo visibilizar e dignificar o papel das mulleres no medio rural. Consiste nunha serie de vídeos protagonizados por mulleres do rural para contar as súas experiencias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre