Inicio Galicia A Xunta aposta por fomentar e promover o papel protagonista da muller...

A Xunta aposta por fomentar e promover o papel protagonista da muller na toma de decisións no medio rural

0

Nesta liña, González defendeu incentivar a incorporación da muller aos órganos directivos do sector agroalimentario, porque estes deben contar cunha presenza feminina acorde coa realidade das mulleres rurais

O conselleiro do Medio Rural, José González, avogou hoxe por fomentar e promover o papel protagonista das mulleres na toma de decisións no agro, para que acaden a representatividade que equitativamente lles corresponde. Fíxoo no pleno do Parlamento, en resposta a unha pregunta sobre o tema.

Neste sentido, José González defendeu incentivar a incorporación da muller aos órganos de decisión do sector agroalimentario rural porque, dixo, as organizacións agrarias, as cooperativas e os grupos de desenvolvemento rural deben contar cunha presenza feminina nas súas directivas acorde coa realidade das mulleres rurais.

Así, José González explicou que o apoio á muller no ámbito rural constitúe unha liña prioritaria e un eixo transversal dentro da Xunta. Nesta liña, lembrou que hai apenas dous anos o Goberno galego puxo en marcha o VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes para o período 2017-2020.

Esta iniciativa contempla diferentes medidas, que pasan polo desenvolvemento profesional das mulleres rurais, a redución da fenda de xénero dixital, o apoio ao empoderamento das mulleres e o fortalecemento do movemento asociativo feminino, entre outras.

Inserción das vítimas de violencia de xéneroO conselleiro sinalou tamén que dende Medio Rural, en colaboración con outros departamentos da Xunta, se están a poñer en marcha diversas medidas para mellorar a calidade de vida das mulleres afincadas no agro. Puxo como exemplo a recente sinatura dun convenio entre a Consellería, a Secretaría Xeral de Igualdade e a Mancomunidade de Montes de Vigo a prol da inserción laboral das vítimas de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado acadado para esta mesma finalidade.

Ademais, José González quixo poñer en valor o papel do colectivo feminino no rural galego a través do dato que reflicte o número de mulleres titulares de explotacións agrogandeiras na nosa comunidade, que rolda o 50%, moi por riba –destacou– do 22,6% da media nacional. Reivindicou, neste sentido, o labor da muller no ámbito agrario galego ao longo da historia que, advertiu, non foi sempre suficientemente recoñecido, pero contribuíu decisivamente a protexer a personalidade propia do rural na nosa autonomía. Por todo iso, remarcou ou conselleiro, conseguir o recoñecemento social, económico e institucional que merecen as mulleres do rural é unha prioridade para a Consellería do Medio Rural en particular e para a Xunta de Galicia en xeral.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre