Inicio Galicia A Xunta aposta por facer de Galicia unha plataforma loxística atractiva para...

A Xunta aposta por facer de Galicia unha plataforma loxística atractiva para captar investimentos e novo tecido industrial

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destaca en Vigo, na entrega dos premios Logidigal, que a loxística resulta fundamental para afianzar a competitividade territorial e empresarial

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, resaltou hoxe na entrega dos premios Logidigal a aposta da Xunta por facer de Galicia unha plataforma loxística atractiva para captar investimentos e novo tecido industrial. Na súa intervención, Conde fixo fincapé en que a loxística resulta fundamental para o impulso do tecido produtivo, afianzando a competitividade territorial e empresarial, ao tempo que ten un importante peso na economía galega, representando o 4% do PIB, empregando a preto de 50.000 persoas, aglutinando a case 12.000 empresas.

Na cerimonia, na que se recoñeceu a actividade da empresa provisionista de buques Casa Pepe e da Autoridade Portuaria de Vigo, Conde sinalou que unha loxística forte permitirá actuar con seguridade, anticipación e rigor á hora de resolver os desafíos globais, asegurando o éxito da marca Galicia Calidade. Neste contexto situou a Estratexia de Loxística de Galicia, coa que se mobilizarán máis de 20 millóns de euros ata 2022.

Entre as medidas que contempla a Estratexia para chegar a unha Galicia máis axil destacan os catro centros de apoio ao transporte por estrada, un por provincia, que prestarán servizos 24 horas co obxectivo de beneficiar a 5000 empresas ata 2022. Tamén se poñerá en marcha un proxecto piloto de creación dunha xanela única para a realización dos trámites aduaneiros nos portos galegos, ou unha plataforma dixital de co-carga que se porá en marcha en 2020, un booking de loxística para comunicar de xeito inmediato as necesidades e axilizar prazos de contratación.

A activación desta folla de ruta vai en paralelo á posta en marcha do Clúster da Función Loxística, con empresas de referencia como Kaleido, Delta Vigo, Finsa ou Hijos de Rivera, e que prevé alcanzar as 50 firmas. O obxectivo é a plena modernización do sector para garantir o seu rendemento, dotándoo dos recursos necesarios que aseguren a súa mellora.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre