Inicio Galicia A Xunta aposta por deseñar accións específicas para loitar contra a violencia...

A Xunta aposta por deseñar accións específicas para loitar contra a violencia de xénero no medio rural

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración do XVI Foro da igualdade ‘Re-coñecendo violencias machistas no rural’, organizado por Femuro

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, defendeu hoxe a necesidade de deseñar campañas e accións específicas para previr e loitar contra a violencia de xénero no medio rural.

Así o sinalou esta tarde en Nigrán, durante a inauguración do XVI Foro da igualdade Re-coñecendo violencias machistas no rural, organizado pola Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro).

Durante a súa intervención, apostou tamén por unha actuación coordinada do conxunto das institucións e recordou que a concienciación social foi e segue sendo fundamental para erradicar esta lacra.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre