Inicio Galicia A Xunta aposta por crear 5 novos GES e 1 servizo municipal...

A Xunta aposta por crear 5 novos GES e 1 servizo municipal para mellorar e completar o mapa de emerxencias da Comunidade

0

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participaron hoxe por videoconferencia na comisión de seguimento dos GES con representantes da Fegamp e das deputacións provinciais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participaron hoxe por videoconferencia na Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), na que tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais. Nesta xuntanza, entre outros asuntos, a Xunta deu a coñecer a súa proposta para mellorar e completar o mapa de emerxencias que cubre o territorio galego, a través de 6 novas agrupacións -5 GES e un servizo municipal financiado pola Xunta-, ademais dun novo emprazamento para o GES de Terra Chá-Lugo para que a base de Guitiriz pase a Friol pola renuncia do primeiro. Esta alternativa proponse en base a criterios técnicos co obxectivo de dar resposta á poboación da zona. A proposta da Xunta será estudada polos integrantes da comisión de seguimento, que volverá a reunirse para proceder á súa votación. A intención do Goberno galego é crear 6 novos servizos de emerxencias -1 na provincia da Coruña, 2 en Ourense e 3 en Pontevedra-, coa colaboración dos concellos e deputacións provinciais, para ofrecer unha mellor atención e tempos de resposta. Na provincia da Coruña, a Xunta propón constituír o servizo municipal de Noia con sede no concello noiés e que inclúa ademais deste municipio aos de Lousame e Porto do Son. En Ourense a proposta inclúe 2 novos GES: un con sede na Veiga que abarque tamén aos concellos de O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Viana do Bolo e Vilariño de Conso; e outro en Maceda, do que formarían parte ademais Baños de Molgas, Esgos, Paderne de Allariz, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo. No caso de Pontevedra, a Administración autonómica presentou na Comisión de hoxe a posibilidade de contar con tres novos Grupos Supramunicipais de Emerxencias: Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente serían atendidos polo GES da Cañiza; Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, A Lama e Ponte Caldelas, por un novo GES con sede en A Lama; e Mos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, polo GES Mos/Redondela, cunha base en cada un dos dous municipios. En materia de financiamento, a Administración autonómica reafirmou o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento dos GES, postos en marcha en 2013 en consenso entre a Xunta, deputacións e concellos. De feito, a proposta presentada hoxe con 6 novos servizos, suporía un incremento no investimento por parte da Xunta de case 300.000 euros, ao pasar de 4,5 a máis de 4,8 millóns de euros, o que supón máis da metade do custo anual dos GES. Nesta liña, o Goberno galego solicitou que as deputacións provinciais continúen implicándose na dotación de equipamento aos servizos de emerxencias dos concellos, tanto GES como Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, aos que a Xunta destinou nos últimos dez anos 15,3 millóns de euros. Ademais, as achegas do Goberno galego para financiar os cinco consorcios provinciais e comarcais de bombeiros superan os 9,8 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre