Inicio Galicia A Xunta aposta polo traballo conxunto a través da I+D+i para fortalecer...

A Xunta aposta polo traballo conxunto a través da I+D+i para fortalecer a competitividade do tecido produtivo e mellorar o benestar social

0

Conde destaca que desde Galicia se busca dar un maior impulso á colaboración público-privada, fundamental para os proxectos que optan aos fondos europeos Next Generation

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Madrid á reunión do padroado da Fundación Cotec para la Innovación, que estivo presidida polo rei Felipe VI. No encontro, Conde, que agradeceu o labor que realiza esta entidade ao servizo da innovación en España, sinalou a importancia de seguir traballando xuntos a través da I+D+i, para fortalecer a competitividade do tecido produtivo e mellorar o benestar social.

O responsable de Economía, Empresa e Innovación indicou que desde Galicia se busca dar un maior impulso á colaboración público-privada, porque será fundamental para articular máis dun cento de proxetos cos que optar aos fondos europeos Next Generation e mirar así cara a Galicia do 2030. Do mesmo xeito, desde a Comunidade se busca simplificar e flexibilizar os procedementos administrativos para incentivar os proxectos de investigación e a participación empresarial.

Conde recordou que, ao igual que a Fundación Cotect, Galicia sempre tratou de ser pioneira na utilización de instrumentos de apoio á innovación. A proba diso é, por exemplo, o proxecto InnovaIUS.

Lab, que desenvolven conxuntamente para crear unha ferramenta que facilite o deseño de contratos de Compra Pública Innovadora, unha fórmula indispensable para estender a innovación aos servizos públicos.

O vicepresidente económico apostou por facer da innovación a panca de cambio que actualmente necesita o modelo económico e social, e para iso, apelou á imprescindible labor e a visión anticipadora da Fundación Cotec.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre