Inicio Galicia A Xunta aposta polo emprego como ferramenta para favorecer a inclusión social...

A Xunta aposta polo emprego como ferramenta para favorecer a inclusión social e destaca o papel da formación

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta mañá, en Pontevedra, no encontro ‘Fomento das empresas de inserción laboral’

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu esta mañá en Pontevedra ao encontro empresarial Fomento das empresas de inserción laboral, organizado pola Xunta coa colaboración da Asociación de empresas de inserción de Galicia e AJE. Na súa intervención destacou que o emprego é unha ferramenta esencial para avanzar no camiño da inclusión de todos os galegos e galegas e incidiu no importante papel da formación para xerar emprego estable e de calidade.

O obxectivo do encontro foi visibilizar o labor das empresas de inserción laboral (EIL) dentro da empresa privada e fomentar, deste xeito, que dean un posto de traballo aos empregados que rematan itinerarios de inserción. Así, promocionouse a figura das EIL da Comunidade, propúxose establecer sinerxías coas empresas privadas para a contratación de servizos e produtos e incidiuse en que esta colaboración enmárcase no eido da Responsabilidade Social Empresarial. Na xornada tamén se presentaron tres exemplos de EIL da zona de Pontevedra: Feito Pontevedra, Arroupa e Properdis.

Promover un emprego inclusivo é un dos obxectivos prioritarios da Axenda20, na que se ofrecen programas como as liñas de axudas para empresas de inserción laboral, entidades sen ánimo de lucro e fundacións que este ano destinará máis de 500.000 euros tanto en apoios para o mantemento do custo salarial dos traballadores, como para incentivos para compensar custos adicionais do emprego do que se beneficiarán 19 solicitudes.

Por outra parte, a Xunta convocará, nas vindeiras semanas, unha nova edición de Galicia Emprega que inclúe unha liña específica para persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, cun orzamento de 2,2 millóns de euros en axudas das que se poderán beneficiar 185 persoas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre