Inicio Galicia A Xunta aposta polo emprego autónomo para consolidar Galicia como espazo para...

A Xunta aposta polo emprego autónomo para consolidar Galicia como espazo para desenvolver iniciativas de éxito

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu esta mañá na Coruña á entrega dos XI Premios MOCE

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu esta mañá na Coruña á entrega dos XI Premios MOCE da Fundación Ronsel, que distingue as mellores iniciativas de autoemprego e emprendemento de Galicia, onde destacou a aposta que a Xunta está facendo polo emprego autónomo para consolidar Galicia como espazo para desenvolver proxectos de éxito.

A secretaria xeral de emprego felicitou aos gañadores pero puxo en valor, tamén, o traballo e esforzo de todos os finalistas e explicou que Galicia é un referente cando se fala non só de emprego autónomo senón tamén da súa consolidación. Neste sentido, a Xunta está comprometida con este colectivo a través da Estratexia Autónomo 2020, na que se intenta apoiar o inicio de actividade, a súa consolidación e o relevo.

Así, entre as medidas a disposición dos emprendedores destacan o Bono Autónomo; o Bono Concilia; as axudas para facer contratacións que incluirán un bono de formación; e avanzou que en 2020 se poñerán en marcha os bonos de nova oportunidade e de relevo. Finalizou explicando que, ante calquera dúbida, a Oficina Virtual do Emprego Autónomo ofrece todo tipo de información. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre