Inicio Galicia A Xunta aposta pola posta en valor e a diversificación do traballo...

A Xunta aposta pola posta en valor e a diversificación do traballo das artesás redeiras

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou en Santiago na presentación da nova web da Federación Galega de Redeiras O Peirao, que conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou hoxe en Santiago de Compostela na presentación da páxina web que lanzará a Federación Galega de Redeiras O Peirao. A iniciativa conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que aposta por visibilizar o traballo destas artesás, ao tempo que aposta pola diversificación da súa actividade con produtos complementarios.

A Fundación Pública Artesanía de Galicia vén desenvolvendo, no marco do proxecto Enredadas e en colaboración coa Consellería do Mar, accións de formación co colectivo das redeiras artesás de Galicia, que permitiron impulsar a colaboración intersectorial con diferentes axentes de sectores como a moda, o mobiliario, a bixutería, os complementos, a fotografía e o escaparatismo, creando novas liñas de produtos. Este proxecto foi galardoado co Premio Promociona para entidades Públicas na XI edición dos Premios Nacionais de Artesanía 2016.

A web terá información sobre as diferentes actividades desenvoltas polas redeiras e en especial dará a coñecer os produtos artesáns que realiza, creando un escaparate virtual onde coñecer o seu traballo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre