Inicio Galicia A Xunta aposta pola modernización da Administración de Xustiza con novas infraestruturas...

A Xunta aposta pola modernización da Administración de Xustiza con novas infraestruturas e recursos tecnolóxicos

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación das XIII Xornadas Xurídicas de Sarria, que se centran este ano nos dereitos humanos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou hoxe o compromiso da Xunta coa modernización da Administración de Xustiza a través de novas infraestruturas e recursos tecnolóxicos e informáticos, co obxectivo último de prestar o mellor servizo posible á cidadanía e dotar dun entorno laboral axeitado aos seus traballadores.

Así o sinalou hoxe durante a presentación das XIII Xornadas Xurídicas de Sarria, que este ano se centran nos dereitos humanos. No acto tamén participaron o presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González; o alcalde de Sarria, Claudio Garrido; e os directores das Xornadas, Román García-Varela e Carlos Lema Devesa.

Co obxectivo de modernizar a Administración de xustiza, a Xunta puxo en marcha o Plan Senda, dotado con 50 millóns de euros distribuídos en dúas fases. O obxectivo último destas accións pasa por completar o expediente xudicial electrónico e conseguir o papel cero nos xulgados. Ata o de agora xa se teñen acadado importantes avances como a implantación da rede de videoconferencias en todos os partidos xudiciais galegos; a instalación do sistema de gravación e firma dixital no 90% das salas de vistas; ou a posta en marcha de 10 salas de vistas dixitais, ás que se sumarán 30 máis este ano.

Ademais da modernización tecnolóxica, tamén é preciso dotar á xustiza das infraestruturas axeitadas. Ese é precisamente o obxectivo do Plan de Infraestruturas Xudiciais, que contou cun investimento de 100 millóns de euros e que permitiu a construción de novas sedes en Santiago de Compostela e Ourense; a rehabilitación da Fábrica de Tabacos na Coruña; ou a construción, aínda en marcha, da que será a Cidade da Xustiza de Vigo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre