Inicio Galicia A Xunta aposta pola formación para mellorar a empregabilidade dos galegos e...

A Xunta aposta pola formación para mellorar a empregabilidade dos galegos e galegas

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou esta mañá en Bueu as instalacións da Escola Marítimo-Pesqueira

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, destacou hoxe en Bueu a aposta que a Xunta de Galicia está a facer pola formación co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos galegos e galegas.

Casal visitou as instalacións da Escola Marítimo-Pesqueira de Bueu que, entre outras ensinanzas, imparte cursos de AFD de soldadura. O plan formativo para desempregados e desempregadas ofrece nesta convocatoria máis de 800 cursos, cos que 12.660 alumnos poderán acceder a un certificado de profesionalidade.

O Goberno autonómico, que financia o 100% das accións formativas, destina a esta iniciativa preto de 36M€ co obxectivo de seguir mellorando a empregabilidade e ocupabilidade dos cidadáns, así como facilitar o seu acceso ao mercado laboral a través dun capital humano máis formado e adaptado ás necesidades actuais do tecido industrial.

O director xeral salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade e avanzou que a formación seguirá sendo unha das prioridades nos orzamentos de 2020. Así, destinaranse máis de 260M€ a contar cunha Galicia máis preparada a través do Plan Galego de Formación, da aposta pola orientación, polo emprego autónomo e por colectivos con máis dificultades para acceder ao mercado laboral como a mocidade ou as mulleres.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre