Inicio Galicia A Xunta aposta pola formación para avanzar cara a un mercado laboral...

A Xunta aposta pola formación para avanzar cara a un mercado laboral que impulse o crecemento e o emprego de calidade

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, asiste á V Xornada de boas prácticas e aprendizaxe mutua no Sistema Nacional de Emprego que se celebra hoxe e mañá en Sevilla

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, asiste hoxe e mañá en Sevilla á V Xornada de boas prácticas e aprendizaxe mutua no Sistema Nacional de Emprego, centrada na prevención e anticipación ante un mercado laboral cambiante e nas estratexias dos Servizos Públicos de Emprego. Neste eido, a Xunta de Galicia aposta pola formación para avanzar cara a un mercado de traballo que impulse o crecemento e o emprego de calidade.

A xornada, que dá continuidade ás celebradas desde o ano 2018 (unha delas en Santiago de Compostela), pretende favorecer un diálogo sistematizado e formalizado entre os diferentes servizos públicos de emprego sobre os desafíos que comparten, así como promover o intercambio de información e aprendizaxe de procesos e ferramentas que axuden a mellorar a eficacia e eficiencia na xestión das políticas activas de emprego.

Así, os principias temas de debate serán a prevención e anticipación ante un mercado laboral cambiante e o debate sobre estratexias para facer fronte a problemáticas concretas como o desafío demográfico e o emprego ou a transformación dixital.

A Xunta está a traballar nesta liña para contar, na próxima década, cunha Galicia máis preparada que poida facer fronte a un mercado de traballo que se está transformando. Así, os orzamentos para 2020 destinarán máis de 260M€ en impulsar a formación; mellorar os servizo de orientación coa modernización das oficinas de emprego e o reforzo de orientadores para desenvolver un modelo aberto que achegue este servizo de orientación aos usuarios tanto de xeito presencial como a través das novas tecnoloxías. Tamén incidirán nos colectivos con máis dificultades á hora de acceder ao mercado laboral, como as mulleres ou a mocidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre