Inicio Galicia A Xunta aposta pola formación e a incorporación das competencias dixitais para...

A Xunta aposta pola formación e a incorporación das competencias dixitais para contar cunha Galicia máis preparada

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Baiona no XVIII Encontro galego de relacións laborais

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Baiona no XVIII Encontro galego de relacións laborais centrado nas novas tecnoloxías no mercado laboral, no que destacou a importancia de apostar pola formación e pola incorporación das competencias dixitais para contar cunha Galicia máis preparada.

Na súa intervención o conselleiro reflexionou sobre o novo paradigma laboral de continua dixitalización e robotización do traballo e subliñou que a incorporación desas novas tecnoloxías debe realizarse coa maior naturalidade posible xa que son o presente desta cuarta revolución industrial. Unha transformación que permite un novo xeito de entender a actividade produtiva e que favorecerá o nacemento de novas profesións que aínda non existen.

Por este motivo, a Xunta está centrada en redobrar o esforzo para ofrecer unha formación que responda ás necesidades actuais, continua e dual, dando prioridade ás competencias tecnolóxicas. Neste sentido, o orzamento do ano 2020 reservará 260M€ para contar cunha Galicia máis preparada, dando continuidade a medidas como o Plan Galego de Formación; e incluíndo iniciativas como un programa dual de emprego para menores de 30 anos ou TécnicAs para impulsar a través da formación, unha maior presenza das mulleres na industria.

Conde finalizou convidando a todos os axentes a sumarse a un traballo conxunto para afrontar os novos retos do mercado laboral para seguir reinventando a formación e a integración de mellores profesionais nas empresas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre