Inicio Galicia A Xunta aposta pola economía social e empresas enfocadas ás persoas para...

A Xunta aposta pola economía social e empresas enfocadas ás persoas para lograr unha maior cohesión social e territorial

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Santiago na inauguración do congreso sobre valor social e desenvolvemento sustentable organizado por Cogami


A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, sinalou hoxe a aposta da Xunta pola economía social e as empresas enfocadas ás persoas para lograr unha maior cohesión territorial e social na inauguración do congreso sobre valor social e desenvolvemento sustentable organizado pola Confederación galega de persoas con discapacidade (Cogami) que se celebra en Santiago de Compostela e no marco do que tamén participará, ás 16:00 horas, nunha mesa sobre economía social e a súa contribución ao desenvolvemento socioeconómico.

Covadonga Toca apuntou que a economía social, circular, colaborativa ou solidaria, que se abordarán ao longo do congreso, ademais de ter beneficios ambientais son xeradoras de postos de traballo, e unha gran parte destes empregos son creados por estruturas que promoven emprego social e a inserción laboral de persoas con capacidades diferentes en distintos procesos ou cadeas de valor.

Por iso, apuntou que para a Xunta é unha prioridade impulsar e dotar de maior valor estas formas de economía. Neste contexto destacou a Lei de Economía Social de Galicia, que ten entre os seus obxectivos dotar ao sector da relevancia que merece polas súas achegas á sociedade, e a Estratexia Galega de Economía Social, que impulsará 25 medidas ata 2021 co obxectivo de xerar 3.000 empregos e crear 300 novas entidades.

A secretaria xeral tamén se referiu ao compromiso da Xunta por un desenvolvemento sustentable a través da Estratexia de Responsabilidade Social Empresarial co obxectivo de xerar traballo de calidade e construír unha Comunidade máis igualitaria e competitiva. Así, esta iniciativa busca impulsar 30 medidas ata 2021 coa finalidade de que se leven a cabo por iniciativa das propias empresas; fomentar compromisos económicos, ambientais e sociais; e integrar conductas responsables dirixidas tanto ás empresas como á Administración e á sociedade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre