Inicio Galicia A Xunta aposta pola colaboración entre as administracións para mellorar as oportunidades...

A Xunta aposta pola colaboración entre as administracións para mellorar as oportunidades laborais da Eurorrexión

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou hoxe en Valença do Minho na reunión do comité directivo do Servizo Eures Galicia-Norte de Portugal


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou hoxe en Valença do Minho na xuntanza do Comité Directivo Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal na que se avaliaron, entre outros asuntos, os obxectivos e prioridades para seguir favorecendo o emprego na Eurorrexión no período 2020-2021.

A función do Eures é proporcionar ás persoas sen emprego toda a información dispoñible sobre oportunidades de traballo na Eurorrexión e sobre aspectos relacionados coas condicións de traballo, para garantir a existencia dun mercado laboral transparente que permita aos cidadáns o exercicio do seu dereito de libre circulación no ámbito dos países que forman parte do Espazo Económico Europeo.

Ademais da Xunta, forman parte tamén do comité directivo representantes dos servizos públicos de emprego de España (SEPE) e Portugal (IEFP), e de asociacións empresariais e sindicais galegas e portuguesas, así como dalgunhas universidades de ambos lados da fronteira.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre