Inicio Galicia A Xunta aposta pola ?colaboración e a formación? na saída da crise...

A Xunta aposta pola ?colaboración e a formación? na saída da crise e asina un convenio para dotar ás Federacións de formación e asesoramento

0

O convenio asinado entre as dúas entidades centrarase no desenvolvemento dunha política activa de protección da saúde do deportista


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, inaugurou na xornada de hoxe a charla informativa sobre o COVID-19 da Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega) na que sinalou cara a “formación como factor innegociable nesta crise”. Neste sentido anunciou a sinatura dun novo convenio de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral e a UFEDEGA para o desenvolvemento de actuacións de formación, asesoramento e apoio ás federacións deportivas galegas.

O convenio asinado entre as dúas entidades centrarase no desenvolvemento dunha política activa de protección da saúde do deportista xa que, como dixo o secretario xeral, “entendemos que non hai maior desafío no día de hoxe que a preservación da saúde e para iso necesitamos desenvolver hábitos de vida saudable na nosa poboación”. Ademais, Lete Lasa apuntou que o seu departamento está a estudar a posibilidade de formar sobre o Covid-19 a adestradores e directores dos equipos que comecen a súa actividade nas fases próximas.

A través deste novo acordo asinado entre Xunta e UFEDEGA, acadarase asemade unha mellor especialización e formación das federacións deportivas galegas co obxectivo de garantir o cumprimento efectivo das funcións públicas atribuídas; promoverase o deporte en toda a sociedade, en particular na idade escolar; así como tamén o deporte de competición e de alto nivel en colaboración coas federacións.

Para cumprir estes obxectivos a UFEDEGA dotará ás federacións, no marco do convenio, de asistencia xurídico-laboral, asistencia xurídico-deportiva, promoción a través da comunicación e difusión dos eventos, así como a constitución dun grupo de traballo e análise das sinerxías entre federacións.

Cómpre destacar tamén o papel protagonista do convenio da Escola do Deporte Galego, desde a que a Secretaría Xeral para o Deporte porá en marcha no mes de xuño o bloque común das actividades de formación deportiva, na modalidade a distancia.

Colaboración e coordinaciónNo seu relatorio, o secretario xeral apuntou tamén cara a “coordinación e colaboración” entre todas as administracións e institucións para paliar os efectos da pandemia do Covid-19. Deste xeito dixo que, a pesares de que “moitas as administracións e as institucións fomos ignoradas na toma de decisións” acadamos fitos como a reactivación da caza e da pesca en todas as súas vertentes e amosou o seu convencemento de que “conseguiremos cambiar moitas cousas do protocolo de volta aos adestramentos e a eliminación das franxas horarias para o deporte federado”.

Lete Lasa fixo un repaso pola xestión do deporte galego nestes preto de 70 días recordando que xa foi executado o 81,12% do importe dos convenios coas federacións deportivas de Galicia, que todas as ordes de axudas seguen o seu trámite habitual, a prórroga DGAN de 6 meses dos recoñecementos que remataban en 2020, o traballo coa FEGAMP para elaborar unha ferramenta para mellorar a saúde a través da actividade física, o proxecto de decreto do Plan de Instalacións, a plataforma ‘Adestra na casa’ e sobre todo, o Plan de Reactivación do Deporte Gallego que servirá para a volta segura á actividade deportiva e do que xa foi presentada a ferramenta de identificación de situacións de contaxio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre