Inicio Galicia A Xunta aposta pola colaboración coas entidades locais para poñer en marcha...

A Xunta aposta pola colaboración coas entidades locais para poñer en marcha mellores servizos para a cidadanía

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe na inauguración oficial da nova Casa do Concello da Guarda, á que a Administración autonómica destinou algo máis dun millón de euros

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, defendeu hoxe a importancia da colaboración cos concellos para poñer en marcha máis e mellores servizos para a cidadanía.

Así o puxo en valor hoxe durante a inauguración oficial da nova casa consistorial da Guarda, que constitúe un perfecto exemplo dos bos resultados da colaboración entre administracións.

A Xunta destinou máis dun millón de euros a financiar a rehabilitación do novo edificio, unha contía que se concedeu en distintas anualidades e a través de dúas convocatorias de axuda distintas.

Esta iniciativa inscríbese no obxectivo do Goberno galego de manter unha colaboración fluída cos concellos, axudar á prestación homoxénea de servizos públicos en calquera punto de Galicia e mellorar, así, a calidade de vida no ámbito local. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre