Inicio Galicia A Xunta aposta pola colaboración coa Cruz Vermella nos eidos de...

A Xunta aposta pola colaboración coa Cruz Vermella nos eidos de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña

0

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo hoxe en valor a importancia da colaboración e da suma de esforzos en ámbitos como o salvamento no mar e a loita contra a contaminación mariña. Neste sentido, puxo como exemplo a colaboración que a Consellería do Mar vén mantendo coa Cruz Vermella en tarefas de salvamento e seguridade e á que dan continuidade co convenio que a titular de Mar e a presidenta da Cruz Vermella en Galicia, María Carmen Colmeiro, asinaron esta tarde durante a visita da conselleira á sede da Cruz Vermella en Galicia.

Esta colaboración, explicou Rosa Quintana, realízase a través do Servizo de Gardacostas en materia de salvamento no mar e loita contra a contaminación mariña e a ela a Consellería do Mar destina 30.000 euros para as actividades levadas a cabo este ano e que comprenden, entre outros, exercicios prácticos de rescate e tarefas de busca de desaparecidos no mar.

Neste sentido, Rosa Quintana lembrou que o Servizo de Gardacostas e, en particular o salvamento no mar e a loita contra a contaminación mariña, son apostas blindadas para a Consellería do Mar e puxo como exemplo desa aposta a colaboración coa Cruz Vermella. Ademais subliñou que Galicia é a única comunidade autónoma que conta con Servizo de Gardacostas e explicou que os fondos destinados á operatividade deste servizo para o 2019 se incrementan en máis do 5% e superan os 14 millóns de euros.

Leer más:  Un incendio originado en la chimenea de una casa en Vilalba (Lugo) termina sin causar heridas a las personas presentes

A titular de Mar engadiu ademais que no presuposto do ano que vén aumentan os fondos destinados á compra e modernización de embarcacións, liña que se dota con 4 millóns de euros, máis do dobre do orzamento deste ano. Neste eido destacou a posta en marcha de medidas coma a renovación de catro embarcacións patrulleiras lixeiras e dunha de gran porte para os labores de vixilancia pesqueira, salvamento no mar e loita contra a contaminación do Servizo de Gardacostas.

A conselleira aproveitou tamén a ocasión para recoñecer o importante labor que realiza a Cruz Vermella no eido do salvamento marítimo a través das seis bases que ten distribuídas polo litoral galego. Nesta liña fixo fincapé na importancia e na necesidade de sumar esforzos nos labores de salvamento e seguridade no mar.  


- Te recomendamos -