Inicio Galicia A Xunta aposta pola calidade para revalorizar os produtos agroalimentarios galegos

A Xunta aposta pola calidade para revalorizar os produtos agroalimentarios galegos

0

O conselleiro do Medio Rural lembrou que está aberto o prazo de solicitude das axudas para melloras nas producións de horta, cun orzamento dun millón de euros


O conselleiro do Medio Rural, José González, participou hoxe na inauguración da XL Festa do pemento de Arnoia, que se celebra dende hoxe e ata o domingo neste concello ourensán. Alí, estivo acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, polo alcalde do municipio, Rodrigo Aparicio, e polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Esta celebración, que o conselleiro destacou como xeito de dinamización da contorna, naceu en 1980 e a día de hoxe é Festa de Interese Turístico Galego.

Durante a súa intervención, José González explicou que a Xunta aposta pola calidade como xeito de revalorizar os produtos agroalimentarios galegos. De feito, ese é un dos piares da estratexia a seguir pola Consellería do Medio Rural. Neste aspecto, o conselleiro destacou o bo facer dos gandeiros e agricultores galegos, de aí a súa aposta para que sexa coñecido dentro e fóra das nosas fronteiras. Segundo José González, o xeito de competir cos grandes produtores non é a través da cantidade, senón da calidade.

Por iso, a Consellería do Medio Rural conta cunha liña de axudas específica para apoiar o funcionamento dos consellos reguladores, dotada con medio millón de euros e a través da cal a IXP do pemento de Arnoia recibirá 11.700 euros para cubrir todo tipo de gastos de funcionamento e facilitar o seu labor ao longo do presente exercicio.

Ademais, o conselleiro recordou que está aberto tamén o prazo de solicitude das axudas para realizar investimentos nas explotacións agrícolas de produción vexetal, que contan cun orzamento dun millón de euros para este ano. Estas achegas, que están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), pretenden mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización.

Así, poderán ser beneficiarios destas axudas todos aqueles titulares de explotacións agrícolas que estean inscritos no Rexistro de Explotacións Agraria de Galicia (Reaga) e que teñan unha orientación baseada na horticultura ao aire libre ou en invernadoiro, horticultura e cultivos diversos, cultivos leñosos, sementes e plántula de hortalizas ou de pataca.

Mobilización de terrasDurante a inauguración, o conselleiro do Medio Rural tamén lembrou aos veciños que neste mesmo concello se puxo en marcha unha parcela piloto de 2.500 metros cadrados para desenvolver probas e mellorar a produción de pemento. Deste xeito, a través dunha mesma iniciativa, conséguense dous obxectivos: recuperar terras e incrementar a calidade e a produción.

Ademais, segundo avanzou o conselleiro, os técnicos de Medio Rural xa están valorando novos proxectos de mobilización de terreos nunha zona ao carón do río, co obxectivo de poñer a producir novos predios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre