Inicio Galicia A Xunta aposta en Vigo por facer da industria forestal a panca...

A Xunta aposta en Vigo por facer da industria forestal a panca para impulsar a bioeconomía en Galicia

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta mañá na xornada ‘Comunicación e radar na loita contra incendios’, organizada pola Universidade de Vigo

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema apostou esta mañá en Vigo por facer da industria forestal a panca que impulse a bioeconomía, no marco da xornada Comunicación e radar na loita contra incendios, organizada pola Universidade de Vigo.

O director participou neste evento coa conferencia A cadea de valor monte industria, na que analizou a importancia económica da industria forestal na Comunidade, xa que agrupa máis de 3400 empresas e xera 50.000 empregos entre directos e indirectos. Por este motivo, incidiu no seu papel para impulsar a bioeconomía, un novo modelo de organización económica que xa está presente en importantes sectores e produtos cun alto potencial como o da celulosa da madeira.

Ignacio Lema destacou, tamén, a importancia de ofrecer unha formación adecuada ás novas necesidades e puxo en valor os proxectos que se están promovendo en Galicia para conseguir unha edificación saudable; para usar drons no eido forestal; iniciativas no ámbito da biomasa ou o proxecto Valor Nature na busca de novos materiais. Trátase de medidas que están dando un valor engadido e achegando maior competitividade á industria forestal galega.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre