Inicio Galicia A Xunta aporta unha mensaxe de esperanza á cápsula do tempo da...

A Xunta aporta unha mensaxe de esperanza á cápsula do tempo da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense

0

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, realizou unha visita á entidade que leva 25 anos traballando na cidade


A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe a Asociación Española Contra o Cancro en Ourense e realizou a súa aportación á cápsula do tempo da entidade, con motivo dos seus 25 anos de traballo.

A titular do departamento autonómico destacou que a súa mensaxe “só pode ser de esperanza para todas as persoas que atravesan situacións de dificultade e que precisan de motivación para continuar e acadar os seus obxectivos”. Deste xeito, a directora xeral incluíu na cápsula unha imaxe dunha nena que recibe atención nun centro de protección de menores e que gañou o primeiro premio nun concurso convocado para promover a mellora emocional. “A mirada desta nena é clara e esperanzadora, a dunha persoa que desexa atopar no horizonte un futuro brillante coa superación de obstáculos”, engadiu a directora xeral.

Amparo González agradeceu á AECC Ourense todos estes anos de apoio e traballo para as persoas doentes e as súas familias.  

Leer más:  Santiago establece "zona urbana" para solicitar la intervención del Gobierno y expandir la utilización residencial de Peleteiro

- Te recomendamos -