Inicio Galicia A Xunta aporta máis de 100.000 euros para os gastos de funcionamento...

A Xunta aporta máis de 100.000 euros para os gastos de funcionamento de 63 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense

0

As axudas destínanse a gastos de funcionamento e son complementarias doutros programas de apoio para mellorar o equipamento, vehículos ou a formación de voluntarios

A Xunta destina este ano 109.200 euros a colaborar cos gastos de funcionamento de 63 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense.

Estas axudas poderanse destinar a necesidades como equipamento e uniformes; equipos de prevención e protección, sempre que se trate de material funxible; custos de actuacións levadas a cabo pola agrupación, mantemento, transporte, ou conservación e alugamento da base; pagamento de seguro de accidentes e responsabilidade civil do persoal voluntario; custos de formación dos seus membros; ou equipamento de material informático e de comunicacións.

Esta convocatoria inscríbese no esforzo que está a realizar o Goberno galego nos últimos anos para mellorar os medios de emerxencia dos concellos de menos de 50.000 habitantes. Deste xeito, vén a complementar outros programas de apoio para mellorar o equipamento, os vehículos ou a formación dos voluntarios.

Con este obxectivo, tense habilitado o pasado mes de maio outra liña de subvencións en especie con vehículos todo camiño e pick up, remolques de emerxencia, tendas de campaña, quads, embarcacións pneumáticas ou equipos de excarceración ou esparexadores de sal.

A Xunta destinou á convocatoria deste ano 932.400 euros para equipar a estas agrupacións. O investimento do Goberno galego nos últimos anos para dotar e reforzar o material de emerxencias das AVPC no conxunto da comunidade supera os 12 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre