Inicio Galicia A Xunta aporta 17.000 euros para a compra por parte da agrupación...

A Xunta aporta 17.000 euros para a compra por parte da agrupación de Protección Civil de Pontevedra dun novo remolque de emerxencia

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá o novo vehículo que conta no seu interior con diverso material de emerxencia, como motoserra, torre de iluminación ou kit de balizamento


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe a Agrupación de Protección Civil de Pontevedra que acaba de estrear un novo remolque de emerxencia adquirido a través dun convenio firmado entre la Consellería de Presidencia e o concello capitalino.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado da concelleira municipal Eva Villaverde, así como do xefe do Servizo de Emerxencias da Delegación Territorial, Evaristo Juncal, do xefe territorial de Presidencia, Ramón Pereiro e do presidente da Agrupación de Protección Civil, Hermenegildo Novoa.

Segundo explicou o delegado territorial, a Xunta aportou, a través dun convenio, 17.000 euros que permitiu a compra deste remolque para a atención ás emerxencias e operativos de protección civil e que ven equipado con unha electro bomba somerxible, unha motobomba para augas residuais, un xerador de electricidade portátil de gasolina, unha motoserra, rozadora manual, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización, o que permitirá a súa utilización nas emerxencias do concello de Pontevedra e en determinadas situacións de colaboración con concellos veciños.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou a importante labor que desenvolve a Agrupación de Protección Civil da cidade do Lérez, xa que, segundo manifestou, dende o 2017 contou con 3.430 intervencións, o que ven a demostrar non só a súa disposición e o seu gran traballo, senón tamén a necesidade de que conte coa mellor dotación de equipamento posible. Deste xeito, ademais do remolque de emerxencia que acaba de adquirir esta entidade, contan tamén, gracias a colaboración da administración autonómica, cun vehículo furgón, un xerador eléctrico e un desfibrilador.

A colaboración entre a Xunta e os concellos en materia de protección civil e emerxencias permite dotar aos membros dos servizos municipais dun equipamento adecuado para realizar o seu traballo nas mellores condicións e, desta forma, prestar unha atención máis eficaz e garantir a seguridade da cidadanía.

Así, durante o 2019 entregouse unha moto autobomba rural e unha moto acuática ao Ges da Guarda; un equipo de excarcelización ao concello de Lalín; unha pértiga velutina a Mondariz e a Portas; un furgón de útiles varios aos Ges de Ponteareas, Sanxenxo e Valga; dous traxes de velutina a Valga e unha moto acuática ao Ges do Valmiñor así como ao de Sanxenxo. Ademáis, tamén se aportaron 52.706 euros en axudas para 30 agrupacións de voluntarios de protección civil da provincia de Pontevedra.

A colaboración económica coa agrupación de Pontevedra da continuidade á folla de roteiro iniciado para mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións en emerxencias en calquera punto da comunidade galega mediante a dotación de máis material e equipamento ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e aos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES). O Goberno galego tamén mantén a aposta pola formación actualizada no ámbito das emerxencias que se imparte de forma centralizada desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

José Manuel Cores Tourís engadiu que no que vai de ano, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza leva investido, en diversas actuacións e programas, un total de 816.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre