Inicio Galicia A Xunta apoiou a contratación de 111 traballadores en empresas da comarca...

A Xunta apoiou a contratación de 111 traballadores en empresas da comarca da Coruña a través do programa Galicia Emprega

0

Ovidio Rodeiro visitou un dos beneficiarios destas achegas que teñen como obxectivo financiar a formación e a contratación de colectivos con máis dificultades para atopar un emprego


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou a empresa Gen Arquitectos, unha das beneficiadas pola orden de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Galicia Emprega do 2019 e concretamente da liña Emprega Muller para contratar a 2 mozas cunha achega da Xunta de 16.000 euros en total para facer dous contratos indefinidos. O representante do Goberno autonómico destacou que o Galicia Emprega, ten como obxectivo apoiar a formación e a contratación de persoas pertencentes aos colectivos con máis dificultade para obter un posto de traballo, como son mulleres desempregadas, parados de longa duración, mozos e persoas discapacitadas ou en risco de exclusión.

Concretamente, o Galicia Emprega do ano pasado na comarca da Coruña apoiou a contratación de 111 persoas, das cales 53 correspóndense coa liña Emprega Muller, 44 coa liña Emprega Xuventude e 14 coa liña Emprega Parados de Longa Duración. En total, estas contratacións contaron cunha achega da Xunta de máis de 784.000 euros.

As empresas beneficiadas están situadas nos concellos de A Coruña, Oleiros, Culleredo, Mesía, Cambre, Sobrado, Arteixo, Bergondo, Curtis, Sada, Miño e Abegondo. O delegado territorial informou que con este programa “estamos financiando a formación e a contratación”. Ademais, apóiase cun bono formación aos traballadores para que poidan responder ás necesidades formativas do tecido empresarial. A cualificación dos traballadores, que son contratados de xeito inicial por 12 meses a xornada completa para que reciban unha formación mínima de 50 horas incentívase, con 2.000 euros. Se o contrato é indefinido o bono increméntase ata os 4.000 euros e a formación mínima terá que acadar as 70 horas.

Tamén se ofrecen incentivos á contratación ás empresas que impulsan a contratación indefinida ou inicial cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa.

Galicia Emprega 2020Ovidio Rodeiro tamén informou ,desde este mércores, autorizouse por anticipado de gasto unha nova edición do Galicia Emprega 2020, un programa que apoiará o próximo ano a formación e a contratación de máis de 1.100 mulleres, parados de longa duración, mozos e mozas e persoas discapacitadas ou en risco de exclusión, para impulsar, deste xeito, o traballo nos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego, un dos retos principais da Axenda 20.

O Galicia Emprega deste novo ano contará cun orzamento de 10,5 millóns de euros -un 12% máis ca na convocatoria deste ano- para fomentar o traballo na Comunidade. Esta convocatoria volve a incluír as catro liñas de axudas -Emprega Muller, Emprega Persoas con Capacidades Diferentes ou en Risco de Exclusión Social, Emprega Parados de Longa Duración e Emprega Xuventude. Impúlsase, deste xeito, a contratación dual en catro dos colectivos prioritarios da Xunta á hora de acceder ao mercado laboral.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre