Inicio Galicia A Xunta apoiará a contratación de 97 traballadores en empresas da comarca...

A Xunta apoiará a contratación de 97 traballadores en empresas da comarca de Santiago a través do programa Galicia Emprega cunha achega de máis de 600.000?

0

Ovidio Rodeiro visitou un dos beneficiarios destas achegas que teñen como obxectivo financiar a formación e a contratación de colectivos con máis dificultades para atopar un emprego


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou, esta mañá, a empresa Carpintería Metálica Galanas S.

L.

U, unha das beneficiadas pola orden de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria do programa Galicia Emprega e concretamente da liña Emprega Parados de Longa Duración con 7.500 euros.

O representante do Goberno autonómico destacou que o Galicia Emprega, ten como obxectivo apoiar a formación e contratación de persoas pertencentes aos colectivos con mais dificultade para obter un posto de traballo, como son mulleres desempregadas, parados de longa duración, mozos e persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión. En total, vanse a investir 9,4 millóns de euros, un 10% máis que o pasado ano, e o obxectivo son, como mínimo, 1.100 contratos que van a ter financiamento.

Concretamente, o Galicia Emprega na comarca de Santiago apoiará a contratación de 97persoas, das cales 38 correspóndense coa liña Emprega Muller, 49 coa liña Emprega Xuventude e 10 coa liña Emprega Parados de Longa Duración. En total, estas contratacións contarán cunha achega da Xunta de máis de 608.000 euros.

As empresas beneficiadas están situadas nos concellos de Santiago de Compostela, Melide, Brión, Ordes, Ames, Boqueixón, Teo, Dodro, Touro, Santa Comba, Rois, Oroso, Padrón e Val do Dubra. O delegado territorial informou que “imos financiar a formación e a contratación”. Por unha banda, apóiase cun bono formación aos traballadores para que poidan responder ás necesidades formativas do tecido empresarial. A cualificación dos traballadores que son contratados de xeito inicial por 12 meses a xornada completa para que reciban unha formación mínima de 50 horas incentívase con 2.000 euros. Se o contrato é indefinido, o bono increméntase ata os 4.000 euros e a formación mínima terá que acadar as 70 horas.

Tamén se ofrecen incentivos á contratación ás empresas que impulsan a contratación indefinida ou inicial cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa. Ovidio Rodeiro destacou como novidade que en todos os casos aumentarán nun 25% para aquelas empresas de máis de 50 traballadores e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% e noutro 25% no caso de que a actividade pertenza a un sector estratéxico.  EMPREGA MULLER

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre