Inicio Galicia A Xunta apoia un congreso internacional que Galicia acolle esta semana sobre...

A Xunta apoia un congreso internacional que Galicia acolle esta semana sobre os retos de futuro do turismo relixioso

0

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación do congreso do Congreso Internacional “As rutas de peregrinación como impulsoras do turismo internacional, e impartirá a conferencia inaugural sobre o Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021

Santiago de Compostela acollerá entre o 5 e o 7 de decembro o Congreso Internacional “As rutas de peregrinación como impulsoras do turismo internacional”, un encontro impulsado pola Orde do Camiño de Santiago en colaboración coa Xunta que se presentou esta mañá no Hotel Porta do Camiño nun acto no que participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro xunto con Alejandro Rubín, vicepresidente executivo da Orde do Camiño e presidente do Congreso, e Jesús Ares, coordinador da acción e presidente da Asociación de Turoperadores de Receptivo de Galicia (ATREGA).

O congreso, que se desenvolverá de xeito híbrido combinando a asistencia presencial e vía streaming, reunirá a expertos procedentes de 21 países de Europa e América, que abordarán os retos actuais que afrontan tanto o Ano Santo Xacobeo, como outros centros de peregrinación de referencia internacional, tales como Terra Santa, Lourdes, Fátima ou a propia Roma, os principais destinos de referencia no ámbito do cristianismo. Tamén se abordarán experiencias de desenvolvemento do turismo relixioso, oportunidades de comercialización turística así como boas prácticas levadas a cabo en rutas impulsadas en diversos países de América Latina.

A directora de Turismo de Galicia será a encargada de ofrecer o relatorio inaugural do Congreso Internacional, centrado nos retos do Camiño de Santiago e nomeadamente do Xacobeo 2021 no novo contexto xerado pola pandemia. Neste sentido, Nava Castro destacaba que este vindeiro Ano Santo “será diferente a calquera outro” polo que “resulta de especial interese” a celebración deste congreso que se “enmarca no contexto da liña de captación e desenvolvemento de eventos MICE posto en marcha desde a Xunta para fortalecer este segmento turístico de congresos e eventos”, dotada con 500.000 euros.

A directora de Turismo de Galicia destacou tamén que Galicia como destino seguro que é está preparada para acoller este tipo de encontros e destacou “a súa contribución á promoción do Camiño, o seu estudio e valores, con especial intensidade en Iberoamérica”. De feito, ademais de Turismo de Galicia, o congreso Internacional sobre as “Rutas de Peregrinación como impulsoras do turismo” ten como colaboradores ao Instituto Nacional de Promoción Turística de Arxentina (INPROTUR) e a Confederación de Organizacións de Turismo de América Latina.

Programa de actividades paralelasAdemais do programa académico, este congreso ofrece aos participantes a posibilidade de coñecer enclaves turísticos de Galicia polos que transcorren diferentes itinerarios do Camiño de Santiago, con experiencias moi singulares, actividades culturais e degustación de gastronomía local. Xunto a Santiago, estas localizacións serán en Melide, onde a Orde dispón do Bosque dos Peregrinos, e en Noia, para coñecer o Proxecto Noia-Portus-Apostoli. Tamén se prevén alternativas culturais e de lecer para aqueles que se desprazarán até Compostela, cumprindo un rigoroso protocolo sanitario.

A inscrición pode realizarse a través da páxina web www.ordendelcaminodesantiago.es  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre