Inicio Galicia A Xunta apoia oito programas de concellos e entidades luguesas para promover...

A Xunta apoia oito programas de concellos e entidades luguesas para promover o voluntariado xuvenil

0

A Consellería de Política Social concedeu achegas por importe total de 25.900 euros para financiar as actividades impulsadas polas administracións locais de Xove, Ribas de Sil, Viveiro, Quiroga e Cervo e por tres asociacións

A Consellería de Política Social apoia na provincia de Lugo oito programas de acción voluntaria vinculados á promoción do voluntariado xuvenil impulsados por concellos e entidadesA Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da orde pola que se conceden axudas por importe global de 25.900 euros a cinco concellos lugueses -Xove, Ribas de Sil, Viveiro (oficina municipal de voluntariado), Quiroga e Cervo- e tres entidades de acción voluntaria -asociación Síndrome de Down Lugo, Aliad-Ultreia e Alume Saúde Mental-.

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, explicou que estas achegas van destinadas a que as entidades subvencionadas poñan en marcha proxectos que fomenten o medio rural, a igualdade de xénero ou a cultura a través do voluntariado.

A través desta orde de axudas fináncianse actividades relacionadas co Camiño de Santiago; coa recuperación da cultura, o arte e as tradicións populares galegas; actividades con colectivos en situacións de risco; iniciativas destinadas á mocidade, relacionadas coa igualdade de xénero; coa posta en valor do medio rural; destinadas ao benestar das persoas maiores e a posta en marcha de programas de voluntariado no ámbito familiar por parte de entidades. A elas súmaselles este ano as accións relacionadas co Pacto de Estado en materia de violencia de xénero. As iniciativas subvencionadas realízanse entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro deste ano e incorporan a mozas e mozos galegos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre