Inicio Galicia A Xunta apoia o fomento do asociacionismo e a participación das mulleres...

A Xunta apoia o fomento do asociacionismo e a participación das mulleres na comunidade galega

0

O DOG publica esta convocatoria de axudas, que buscan fortalecer e consolidar o movemento asociativo para avanzar na igualdade de xénero


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para o 2020 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, por un importe de 230.000 euros. Estas axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas.

A Xunta considera necesario contribuír a impulsar e, ao mesmo tempo, a dinamizar a vida interna das asociacións de mulleres, na procura da potenciación dos valores e finalidades destas entidades, para o cal convoca axudas económicas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións coa finalidade de promover, fortalecer, consolidar e dinamizar o movemento asociativo feminino como elemento clave para avanzar na igualdade real e efectiva por razón de xénero.

Nesta actuación establécense dúas liñas de axuda, unha dirixida ao financiamento dos gastos correntes de mantemento e funcionamento das asociacións e federacións de mulleres e outra para a promoción de actuacións ou actividades en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade.

A primeira das liñas conta cunha dotación de 80.000 euros e unha contía máxima por solicitude de 3.000 euros. As axudas da segunda liña enmárcanse no desenvolvemento en Galicia das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e dispoñen dun orzamento de 150.000 euros cun importe máximo por solicitude aprobada de 5.000 euros.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións e federacións de mulleres sen ánimo de lucro, que estean domiciliadas en Galicia e que teñan coma fin promover a igualdade entre homes e mulleres, ademais da participación destas na vida política, económica, cultural e social; entre outros requisitos.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de GaliciaAmpliación axudas a entidades sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidadeO Diario Oficial de Galicia tamén publica hoxe a ampliación da dotación orzamentaria para as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo para este ano, cun incremento no orzamento de 122.128 euros, acadando así un investimento global de 1,4 M eurosEstas axudas teñen como finalidade o desenvolvemento de programas que fomenten a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral, a través de programas que inclúen unha atención personalizada e especializada de cara a integración social e laboral das mulleres.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre