Inicio Galicia A Xunta apoia o emprego autónomo con medidas que favorecen tanto o...

A Xunta apoia o emprego autónomo con medidas que favorecen tanto o emprendemento como a consolidación deste colectivo

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, clausurou hoxe en Pontevedra a xornada ‘Claves para impulsar o emprego autónomo en Galicia’, organizada por APE


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, destacou hoxe en Pontevedra, durante a clausura da xornada Claves para impulsar o emprego autónomo en Galicia, organizado por APE, que a Xunta apoia o emprego autónomo con medidas que favorecen tanto o emprendemento como a consolidación deste colectivo.

A xornada tratou cuestións como as solucións aos problemas do emprego autónomo; os retos e vantaxes do mesmo, así como as liñas de apoio que ofrece a Xunta. Celebrouse tamén unha mesa redonda que contou coa participación de dúas autónomas da área de Pontevedra que contaron as súas experiencias ao fronte dunha tenda téxtil e dun estudo de deseño gráfico.

Na súa intervención, Casal explicou que a Xunta está comprometida con este colectivo -no que 1 de cada 5 traballadores galegos é autónomo- a través da Estratexia Autónomo 2020, na que se intenta apoiar o inicio de actividade, a súa consolidación e o relevo.

Así, entre as medidas a disposición dos emprendedores destacan o Bono Autónomo; o Bono Concilia; as axudas para facer contratacións que incluirán un bono de formación; e avanzou que en 2020 se poñerán en marcha os bonos de nova oportunidade e de relevo. Finalizou explicando que, ante calquera dúbida, a Oficina Virtual do Emprego Autónomo ofrece todo tipo de información.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre