Inicio Galicia A Xunta apoia o desenvolvemento de alternativas de turismo econáutico desde unha...

A Xunta apoia o desenvolvemento de alternativas de turismo econáutico desde unha perspectiva inclusiva e sen barreiras

0
image_gallery.jpg


A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, participou a pasada fin de semana en Vilagarcía de Arousa na proba piloto dunha das accións de interese náutico, educativo e cultural desenvolvidas no marco do proxecto Ecodestin-3IN e que ten como obxectivo xerar diferentes alternativas no eido do turismo econáutico aplicándolle unha perspectiva inclusiva que permita a identificación e eliminación das barreiras que impiden gozar destas actividades ás persoas con discapacidade. Esta acción, promovida pola Consellería do Mar, a Fundación Deporte Galego e a Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) no marco do proxecto Ecodestin-3IN, busca atraer tanto a entidades educativas como a potenciais visitantes cara a estas novas propostas no eido do turismo econáutico.

Esta iniciativa -denominada Vikingos do Ulla. Xornada de vela e historia e que contou coa participación dos centros de ensino CEIP Rubiáns e Centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa- incluíu distintas actividades inclusivas como a navegación a vela desde o porto deportivo de Vilagarcía de Arousa, un obradoiro sobre marisqueo en Carril ou unha visita á illa de Cortegada. O Executivo galego avanza así no impulso de iniciativas de turismo mariñeiro inclusivo como Ecodestin-Sensea co obxectivo de facer máis accesibles as experiencias que ofrece o mar de Galicia a todos os públicos e difundir ao mesmo tempo a cultura mariñeira da comunidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre