Inicio Galicia A Xunta apoia mediante o programa Galicia Emprende 39 iniciativas empresariais...

A Xunta apoia mediante o programa Galicia Emprende 39 iniciativas empresariais que mobilizarán 6,5M? na provincia da Coruña

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede axudas por máis de 1,6 millóns de euros para apoiar proxectos de creación de novas empresas ou de consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento

A Xunta concedeu ao abeiro da última edición do Galicia Emprende, da que se vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da segunda convocatoria, axudas por máis de 1,6 millóns de euros para apoiar 39 proxectos empresariais de emprendedores e autónomos na provincia da Coruña que prevén desenvolver investimentos de 6,5 millóns de euros.

As iniciativas apoiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, abranguen actividades do sector turístico, da automoción, da alimentación ou comercial entre outros.

Esta liña de axudas está deseñada para impulsar a posta en marcha de proxectos de nova creación e para a consolidación, durante os seus primeiros 42 meses de funcionamento, de iniciativas empresariais de emprendedores ou autónomos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre