Inicio Galicia A Xunta apoia con máis de 242.000 euros a 11 asociacións e...

A Xunta apoia con máis de 242.000 euros a 11 asociacións e federacións de comerciantes coruñesas para impulsar a competitividade do sector

0
image_gallery.jpg

O Goberno galego colaborará con catro centros comerciais abertos, coas prazas de abastos de As Conchiñas, Elviña, San Agustín e Eusebio da Garda e con tres federacións


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o Mercado das Conchiñas, acompañado polos representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Mercado das Conchiñas, unha das beneficiadas pola orde de axudas dirixidas a asociacións de comerciantes, centros comerciais abertos (CCA) e federacións para a revitalización do comercio de proximidade.

A Xunta vén de conceder apoios por máis de 242.000 euros a 11 asociacións e federacións de comerciantes da área da Coruña para impulsar a competitividade do sector.

Na comarca da Coruña apoiaranse a 4 centros comerciais abertos, concretamente, dous da cidade da Coruña, un en Betanzos e outro en Arteixo cunhas axudas que superan os 127.000 euros. Estas achegas destínanse a proxectos que inclúan iniciativas de dinamización comercial, sistemas de fidelización, sinalización externa ou mellora da competitividade comercial, entre outros.

Outras das actuacións apoiadas son a creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, con axudas para a posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web do CCA ou márketing dixital. Cada entidade pode obter apoios de ata 40.000 euros, en función do número de comercios asociados e a poboación da localidade na que estean situados.

Na cidade da Coruña recibirán tamén achegas desta orde as asociacións das prazas de abastos das Conchiñas, Elviña, San Agustín e Eusebio da Garda por un total de máis de 39.100 euros. Ademais de proxectos de fidelización, sinalización, dinamización e competitividade, poderán desenvolver iniciativas relacionadas coa mellora de instalacións e equipamentos. As axudas poden chegar a un máximo de 9.800 euros.

Como novidade, tanto os centros comerciais abertos como as asociacións de praceiros puideron optar a apoios para a posta en marcha de market places ou outras iniciativas dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados. Tamén para o desenvolvemento de sistemas centralizados de envío e entrega a domicilio, e a contratación de servizos externos para a xestión de contidos nas redes sociais.

Finalmente, a Consellería de Economía, Empresa e Innovación tamén destina máis de 76.000 euros á asociación de Minoristas do Porto da Coruña, á Federación Unión Comercio Coruñesa e á Federación de Entidades Empresariais do Comercio da provincia. Esta liña está dirixida a asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións para o impulso do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial. Neste caso, os apoios poden chegar aos 49.000 euros.

No ámbito provincial a Xunta concedeu en total a centros comerciais abertos, prazas de abastos e federacións de comercio 26 achegas cun investimento total que supera os 715.000 euros.

Estas subvencións enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición.

AXUDAS ASOCIACIÓNS COMERCIANTES, CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E FEDERACIÓNS COMARCA DA CORUÑA  CCA/ PRAZA/FEDERACIÓNENTIDADECONCELLOAXUDA 2020 PRAZA

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre