Inicio Galicia A Xunta apoia con case un millón de euros 17 proxectos do...

A Xunta apoia con case un millón de euros 17 proxectos do grupo de desenvolvemento rural ?Valdeorras?

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o inmoble que acollerá o telecentro de Sampaio, en Petín, e coñeceu o seu proxecto de rehabilitación e ampliación


A delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, destacou hoxe que o grupo de desenvolvemento rural Valdeorras (GDR7) de Ourense financiará un total de 17 proxectos no bienio 2019-2020, cun importe de axuda de 986.951 euros para un investimento total que supera o 1,7 millóns de euros. Fíxoo na visita que realizou ao edificio que acollerá o telecentro do núcleo de Sampaio, en Petín, onde coñeceu o seu proxecto de rehabilitación e ampliación que se executará grazas ás subvencións que a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, destina aos GDR, ao abeiro do programaDíaz Mouteira salientou tamén que con estes fondos apoiaranse iniciativas que teñen que ver con eidos coma o ambiental, o agrícola e forestal, a promoción empresarial ou a acción turística e cultural promovidas por entidades locais ou por particulares e que se desenvolverán nalgún dos concellos que integran o GDR7.

O Grupo de Desenvolvemento Rural de Valdeorras subvenciona o proxecto, de carácter non produtivo, de rehabilitación e ampliación dun telecentro en Sampaio, un núcleo despoboado e envellecido. Ademais do de Petín, neste bienio tamén se financiará a creación de telecentros nos núcleos de Vilariño (O Barco de Valdeorras) e A Veiga de Cascallá (Rubiá).

Con esta actuación preténdese mellorar a calidade de vida da veciñanza ao poñer a súa disposición un lugar de encontro e aprendizaxe das novas tecnoloxías que contribúa a ampliar as súas oportunidades de desenvolvemento. No proxecto inclúense traballos de rehabilitación do edificio que acolle o telecentro, que responde á tipoloxía típica do medio rural da comarca valdeorresa. Ademais, crearase un baño adaptado para discapacitados co obxectivo de mellorar a accesibilidade de persoas de mobilidade reducida. O centro dotarase con mobiliario e equipos informáticos proporcionados polo concello.

O GDR Valdeorras é unha asociación creada en 2008 que desenvolve as súas actuacións nos nove concellos da comarca (Larouco, Petín, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, Rubiá, O Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, A Veiga e O Bolo), que contabilizan unha poboación de máis de 26.700 habitantes e unha extensión de 969 quilómetros cadrados.

A delegada territorial indicou que no bienio 2019-2020, ao abeiro da actual convocatoria, os seis grupos de desenvolvemento rural (GDR) da provincia de Ourense (Valdeorras, Sil Bibei Navea, Monteval, A Limia Arnoia, Adercou e Carballiño Ribeiro) xestionarán máis 5 millóns de euros para impulsar diferentes proxectos no agro desta provincia. A representante do Goberno galego fixo fincapé na importancia das axudas do Leader que ofrecen alternativas económicas e crean novas zonas de desenvolvemento co obxectivo de frear a despoboación rural.

Marisol Díaz valorou a boa marcha dos proxectos executados polos distintos GDR existentes na provincia e en todo Galicia, que en só dous anos de convocatorias (as de 2017 e 2018) lograron xerar 886 empregos na nosa comunidade e consolidar outros 4.342 para un período de cinco anos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre