Inicio Galicia A Xunta apoia con 3,6 M? a 173 propietarios de montes da...

A Xunta apoia con 3,6 M? a 173 propietarios de montes da provincia de Lugo para realizar accións silvícolas de prevención de incendios

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que as axudas aprobadas servirán para executar actuacións preventivas e de incremento do valor ambiental en 2.021 hectáreas de montes lugueses


A Consellería do Medio Rural vén de conceder achegas por valor de 3,6 millóns de euros a 173 propietarios de montes da provincia de Lugo para realizar accións silvícolas de prevención dos danos causados por incendios e desastres naturais, e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais. A medida servirá para actuar en 2.021 hectáreas de montes lugueses.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, acudiu hoxe a Navia de Suarna para comprobar sobre o terreo os traballos silvícolas que está a executar a comunidade do monte Becerral, en Rao. Esta entidade recibe 21.500 euros dentro desta liña de subvencións para levar a cabo rozas e rareos en algo máis de 10 hectáreas de superficie do monte.

En canto á distribución das achegas deste ano na provincia, a maior contía destínase ao distrito de Lemos, onde foron aprobados 52 expedientes por valor de 1,4 millóns de euros. Séguelle a área da Fonsagrada-Os Ancares, con 61 expedientes por importe de 1 millón de euros. Na zona de Lugo-Sarria hai 30 expedientes que suman 633.600 euros; á Terra Chá correspóndenlle 18 expedientes con axudas por 297.700 euros e na Mariña son 12 expedientes cunha contía de 262.200 euros.

Os beneficiarios son maioritariamente comunidades de montes veciñais en man común, seguidos de propietarios particulares de forma individual e das Sociedades de Fomento Forestal (Sofor) ou outro tipo de sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta.

Dúas liñas de accciónEsta orde de achegas contempla dúas liñas de actuación; a primeira delas para realizar tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais, tales como rareos, rozas e podas en masas estables de coníferas. Para este tipo de traballos aprobáronse na provincia de Lugo 130 expedientes por valor de 2,5 millóns de euros.

A segunda liña está dedicada a tratamentos silvícolas e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos montes. Trátase de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras. Tamén se subvenciona mediante esta liña a rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros. Neste caso, contabilízanse en Lugo 43 beneficiarios que recibirán 1,1 millóns de euros.

Estas axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), son bianuais e practicamente a totalidade da contía concedida no conxunto de Galicia (sobre o 90%) correspóndese ao primeiro semestre do vindeiro ano 2021. Deste xeito, a Consellería adiántase e asegura unha necesaria continuidade na actividade das brigadas silvícolas. Cabe lembrar que segundo os datos da Asociación de Empresas Forestais de Galicia (Asemfo), a execución de traballos silvícolas en 5.000 hectáreas conleva a creación ou mantemento de máis de 200 postos de traballo, polo que esta concesión de axudas públicas reforza o compromiso en políticas de emprego activo no sector forestal galego.

O obxectivo desta axuda pública enmárcase no fomento dunha “nova arquitectura verde” a prol da sustentabilidade, de prevención, de multifuncionalidade e de posta en valor dos montes co fin de que constitúan o cerne dun sector forestal que se consolida definitivamente como unha actividade rural identificativa de Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre