Inicio Galicia A Xunta apoia con 2,5 M? ás asociacións e federacións de comerciantes...

A Xunta apoia con 2,5 M? ás asociacións e federacións de comerciantes para impulsar a competitividade do sector

0

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, mantivo un encontro para informar das convocatorias destinadas a centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións, publicadas esta semana no Diario Oficial de Galicia


A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, mantivo esta semana un encontro telemático con representantes das asociacións de comerciantes para informalos das axudas por 2,5 millóns de euros que vén de activar a Xunta para impulsar a competitividade do comercio mediante a colaboración cos centros comerciais abertos (CCA), asociacións de praceiros e federacións.

Tal e como salientou a directora xeral, o obxectivo é impulsar o papel dinamizador do comercio na actividade das vilas e cidades galegas a través de iniciativas que permitan atraer clientela e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores na actual situación económica. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de xullo.

No encontro tamén se presentou a nova canle de comunicación directa da Administración autonómica coas asociacións de comerciantes, unha intranet na que poderán realizar consultas, acceder a documentación e achegar as súas propostas sobre diferentes temas de interese.

Na súa intervención, a directora xeral de Comercio e Consumo destacou que o comercio galego está apostando pola transformación dixital neste novo contexto, poñendo como exemplo que a orde de axudas para impulsar a innovación, a dixitalización e novas formulas de comercialización no sector comercial e artesanal recibiu este ano un 54% máis de solicitudes que en 2019.

Novas convocatoriasCon respecto ás novas ordes de axudas, por unha banda, tal e como se vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG), destínanse 2 millóns de euros á liña dirixida a centros comerciais abertos e asociacións de praceiros para proxectos que inclúan iniciativas de dinamización comercial e sistemas de fidelización. Ademais, poderán recibir apoios para xestionar a adquisición centralizada de equipos de protección. Cada entidade pode obter apoios de ata 40.000 euros, en función do número de comercios asociados e a poboación da localidade na que estean situados.

Esta liña tamén se dirixe a asociacións de praceiros que, ademais de proxectos de fidelización e dinamización poderán desenvolver iniciativas relacionadas coa mellora de instalacións e equipamentos, incluída a adquisición centralizada de equipos de protección individual. As axudas poden chegar a un máximo de 9.800 euros.

Como novidade, tanto os centros comerciais abertos como as asociacións de praceiros poderán obter apoios para a posta en marcha de market places ou outras iniciativas dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados. Tamén poderán desenvolver sistemas centralizados de envío e entrega a domicilio, ou contratar servizos externos para a xestión de contidos nas redes sociais.

A segunda liña, á que se destinan 500.000 euros, está dirixida a asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións para o impulso do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial. Neste caso, os apoios poden chegar aos 49.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre