Inicio Galicia A Xunta apoia co 86% do investimento a adecuación da parcela do...

A Xunta apoia co 86% do investimento a adecuación da parcela do Centro de Interpretación Ambiental de Muras para crear un espazo público e un parque biosaudable

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe as obras, que contan cunha achega de 62.900 euros a través do GDR Terra Chá


A Xunta, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terra Chá, apoia con 62.900 euros a actuación de adecuación da parcela do Centro de Interpretación Ambiental que executa o Concello de Muras, orientada a recuperar este espazo para o uso e desfrute da veciñanza e a crear un parque biosaudable.

O delegado territorial da Administración autonómica en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe as obras xunto coa primeira tenente de alcalde de Muras, Belén Chao Ramil, e outros membros da Corporación. Segundo apuntou Balseiro, a achega do GDR a esta actuación supón o 86% do investimento.

O proxecto contempla destinar a parcela a zona verde deixando unha parte pavimentada con lousa conectada co patio do centro de interpretación mediante a construción dunha escaleira en tres tramos. A proposta prevé conformar unha praza miradoiro e tamén recuperar os muros de pedra que conforman os distintos bancais.

Na parte superior da parcela, instalouse un circuíto biosaudable dividido en dúas zonas e composto por diferentes equipos de ximnasia. Este tipo de instalacións están deseñadas para a práctica de exercicio físico de persoas adultas a partir de 40 anos e especialmente recomendados para maiores de 60.

As obras están moi avanzadas e actualmente trabállase no axardinamento e no remate do pavimentado. Algúns dos equipos de ximnasia xa están instalados.

Balseiro salientou que este proxecto forma parte das iniciativas non produtivas financiadas a través do GDR, encamiñadas á prestación de servizos públicos gratuítos, a impulsar dotacións e a mellorar a calidade de vida no medio rural.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre