Inicio Galicia A Xunta apoia aos colleiteiros embotelladores do Ribeiro para vender a súa...

A Xunta apoia aos colleiteiros embotelladores do Ribeiro para vender a súa produción na canle de alimentación a través da rede mercaproximidade

0


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, participou hoxe na presentación do proxecto do viño “Xuntas e Xuntos” que promove a Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro, co fin de comercializar a súa produción na canle de alimentación a través da rede Mercaproximidade.

O responsable da Agacal puxo en valor esta iniciativa e lembrou os estreitos vínculos dos viños do Ribeiro en particular, e dos galegos en xeral, co territorio. Destacou tamén a calidade e a importancia do sector vitivinícola para o noso rural, así como o papel fundamental que desempeñan as canles curtas de comercialización para darlles saída a estas producións. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre