Inicio Galicia A Xunta apoia ao Concello de Cabanas na mellora da súa eficiencia...

A Xunta apoia ao Concello de Cabanas na mellora da súa eficiencia enerxética coa renovación do alumeado público

0

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, asistiu á firma do convenio entre o Goberno galego e o concello de Cabanas para levar a cabo esta actuación para substituír os preto de 300 puntos de luz do contorno do piñeiral da praia da Madalena por novas luminarias tipo LED

Cabanas (A Coruña), 11 de abril de 2018.- A Xunta mantén a súa aposta polo impulso do aforro e da eficiencia enerxética coa sinatura dun convenio co Concello de Cabanas para a renovación do alumeado público no contorno do piñeiral da praia da Madalena. O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, asistiu esta mañá á firma do acordo e destacou que a iniciativa pode ser “un escaparate para os concellos costeiros de Galicia” xa que, ademais do importante aforro enerxético e económico, a actuación mellorará a imaxe do contorno.

Tal e como explicou o director xeral, a Xunta aportará o 98% do investimento necesario -que en total ascende a 592.000 euros- para a substitución dos preto de 300 puntos de luz cos que conta na actualidade e que presentan deficiencias causadas polo ambiente mariño, como a oxidación, e problemas de canalización das liñas eléctricas subterráneas.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

A nova actuación, que consistirá na implantación de luminarias con tecnoloxía LED, permitirá mellorar a iluminación, o que redundará nun maior benestar e seguridade para os usuarios da zona, así como un importante aforro tanto no consumo -de 136.300 kWh ao ano, equivalente ao consumo anual de 40 familias- como na factura da luz do Concello -de máis do 80%, o que se traduce en 23.500 euros ao ano-. Así, a utilización de luminarias de elevado rendemento enerxético e longa vida útil pretende fomentar un uso racional da enerxía e a óptima xestión dos recursos enerxéticos, que servirá para que este proxecto sexa un referente para futuras actuacións e investimentos.

Trátase dun novo paso no compromiso da Xunta por fomentar a cultura do aforro e eficiencia enerxética entre as administracións, as empresas e os fogares galegos. Así, entre 2011 e 2016, as actuacións impulsadas desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), supuxeron a renovación de 50.000 puntos de luz nos concellos galegos. En total, destináronse, neste período, 15,4 millóns de euros a axudas que permitiron un aforro eléctrico de 21.100 MWh/ano -equivalente ao consumo anual de 6.000 familias- e un aforro económico de 3 millóns anuais.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Por outra banda, nos últimos 5 anos, o Goberno galego apoiou preto de 1000 proxectos de eficiencia enerxética no eido da industria e dos servizos, o que supuxo ter acadado un aforro enerxético anual equivalente ao consumo de 60.000 vivendas. Nos últimos anos tamén se favoreceu a redución da factura eléctrica nos fogares galegos a través de iniciativas como o Plan Vivenda e as axudas para a instalación de equipamentos que utilizan enerxías renovables.

O obxectivo, dentro das Directrices Enerxéticas 2018-2020, é seguir mellorando o aforro enerxético durante este período. En concreto, preténdese aforrar 2.858 GWh -o equivalente ao consumo de 840.000 familias galegas- e 461 millóns de euros.


- Te recomendamos -