Inicio Galicia A Xunta apoia a produción da ópera ?Il pirata? de Bellini

A Xunta apoia a produción da ópera ?Il pirata? de Bellini

0

A Coruña, 8 de setembro de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu hoxe á representación da ópera Il pirata, de Vicenzo Bellini, no marco da Programación Lírica 2018 da Asociación Amigos da Ópera da Coruña, que está marcada este ano pola conmemoración dos 250 anos do nacemento do primeiro teatro lírico coruñés. A Xunta de Galicia súmase a esta efeméride mediante un convenio de colaboración polo que achega 135.000 euros para a realización destas actividades, 10.000 máis que o destinado o pasado ano.

Il pirata, de Vincenzo Bellini e libreto de Felice Romani, é unha das obras fundamentais do belcanto. Para esta representación cóntase coa dirección escénica dunha figura recoñecida do panorama escénico galego, Xosé Manuel Rabón, acompañado na dirección musical por Antoncello Allemandi, cun elenco do que forman parte as sopranos Saoia Hernández e Carmen Subrido, o barítono Juan Jesús Rodríguez e o tenor Francesco Pio Galasso, todos eles acompañados pola Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre