Inicio Galicia A Xunta apoia a posta en marcha dunha nova aplicación para a...

A Xunta apoia a posta en marcha dunha nova aplicación para a venda en liña dos produtos da praza de abastos de Santiago

0

O secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, participou na presentación da iniciativa da Asociación de Usuarios de Casillas (ASUCA) do mercado compostelán

O secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, participou na presentación da nova aplicación para a venda en liña dos produtos da praza de abastos de Santiago de Compostela, posta en marcha pola Asocación de Usuarios de Casillas (ASUCA) do mercado compostelán.

Esta plataforma de ecommerce desenvólvese dentro do programa de axudas para colaborar coas asociacións de comerciantes no impulso á competitividade do sector. En total, a través desta convocatoria a Xunta apoia este ano con preto de 2,4 millóns de euros a 53 centros comerciais abertos (CCA), 26 asociacións de praceiros e 13 federacións e asociacións de ámbito superior ao municipal.

O obxectivo é reforzar o papel destas asociacións na dinamización do comercio na actividade das vilas e cidades galegas a través de iniciativas que permiten atraer clientela e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores.

Do mesmo xeito, a iniciativa presentada hoxe vai en liña con Comercio 360, unha iniciativa da Xunta que busca a competitividade a través da dixitalización, a economía circular e o produto local. Así, estanse desenvolvendo medidas centradas na implantación do tícket electrónico, a dixitalización, o impulso da ecoinnovación, o marketing en liña ou a reforma dos establecementos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre