Inicio Galicia A Xunta apoia a participación de dez persoas maiores de Vigo no...

A Xunta apoia a participación de dez persoas maiores de Vigo no proxecto teatral ?Entre Versos e Marsillach?

0

Trátase de usuarios do Centro sociocomunitario de Calvario que obtiveron formación para desenvolverse sobre un escenario acompañados de actores profesionais

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, participou hoxe na presentación do proxecto Entre versos e Marsillach e no que participan 10 persoas maiores do Centro sociocomunitario de Calvario. A iniciativa está impulsada pola Obra Social La Caixa.

Vigo é a cuarta parada deste ano dunha xira que xa pasou por 23 cidades españolas. Desde a súa estrea en xuño de 2016, máis de 240 persoas maiores participaron na iniciativa xa que o elenco é diferente en cada representación e os actores e actrices foron seleccionados en diversos centros, ademais de recibir formación para desenvolverse sobre un escenario acompañados por membros da compañía Marsillach.

A finalidade deste proxecto é promocionar a participación social dos maiores a través do teatro, así como axudar a mellorar as súas competencias e habilidades persoais, favorecendo a empatía e o traballo en equipo. O exercicio teatral, mediante a memorización e a recitación, axuda a estimular o cerebro, ao mesmo tempo que os participantes teñen a oportunidade de desfrutar de textos que forman parte da historia literaria.

Leer más:  El incendio forestal de Cabanas (A Coruña) que afectó a 2,4 hectáreas ha sido extinguido

Arturo Parrado saudou a celebración deste tipo de iniciativas que contribúen a que os maiores de Vigo neste caso, manteñan un estilo de vida activo e desenvolvan as súas capacidades comunicativas a través do teatro.

A estrea terá lugar hoxe ás 18,00 horas no auditorio municipal de Vigo.


- Te recomendamos -